«Terragrafías é unha viaxe fotográfico-literaria polas caras e os rostros das persoas que fan da terra a súa aposta pola vida.
Galicia está identificada coa terra e coa saudade, pero diante deste ancoramento, hai xentes novas que desafían o abandono do agro e loitan día a día nos anceios de arrancar o zume da terra, de conseguir cos seus froitos non perder o fío umbilical coa natureza.
Estas fotofrafías pretenden recrear unha homenaxe á esperanza, un canto aos que nos axudan a non perder os alicerces da terra.»