Natural de Sabucedo, entre cabalos salvaxes, compaxina o ensino coa fotografía, no 1985 realiza a súa primeira exposición. No 1988 percorre o Bierzo a cabalo co xornalista Valentín Carrera do que sae o libro de viaxes “El viaje del Vierzo”. 

No 1990 é realizador da serie para a TVG “Os viaxeiros da luz”, unha aventura pola xeografía galega.

O mar, a terra e as vilas de Galicia son os traballos fotográficos que xunta con textos literarios das escritoras i escritores, fotografía e literatura fundidos na mesma expresión.

No 2010 realiza como presentador a serie de entrevistas “Ao fío do retrato”, 13 capítulos para a TVG. No 2018 presenta  a exposición “O imaxinario do país. Letras de magnesio”, onde retrata os rostros da literatura de Galicia.

Unha mirada portátil, no mar, na terra, nas vilas, nas letras de magnesio, nas sombras atlánticas… unha danza entre o verso, o pincel, e a música,  cun pano de fondo: a xeografía facial do noroeste.