EXPOSICIÓN «SOMBRAS ATLÁNTICAS, RETRATOS DA ARTE GALEGA» MUSEO DE PONTEVEDRA ATE O 15 DE XANEIRO DE 2023

«Anxo Cabada converte o rostro en lugar de actuación, en auténtico soporte artístico, cunha carga de intensidade que deixa a súa pegada nas faces, que agroman entre as brétemas destas Sombras Atlánticas e que en conxunto conforman unha parcial pero auténtica topografía do país.» Carlos L. Bernárdez