«As fotos de Anxo Cabada falan de por si: rostros queimados polo sal, mans firmes como gadoupas, a ollada calma e atenta de quen está afeito a calcular en décimas de segundo o zorrego do mar. Rostros minerais e tan fondamente humanos. A grandeza humilde da loita para sobrevivir.» Basilio Losada

«O asunto é aquí: ¿cal é a cualidade destas fotos? Falan da fatiga, como recalca sempre John Berger. Non convén esquecer. Niso hai un longo camiño que vén de Van Gogh e leva aos comedores de patacas. Hai que ter coidado coa sentimentalidade: esmaga a verdade. Pero non é o caso. Pode ser unha das cualidades dos percebeiros de Ons: o fotógrafo ponse a altura dos seus retratados. Dalle nome a cada un. Déixaos expresarse. Pero non compadece non pretende melloralos como seres. Son certos. E con iso debería bastarnos en época de tan espantoso simulacro.» Alfonso Armada