Natural de Sabucedo, entre cabalos salvaxes, compaxina o ensino coa fotografía, no 1985 realiza a súa primeira exposición. No 1988 percorre o Bierzo a cabalo co xornalista Valentín Carrera do que sae o libro de viaxes “El viaje del Vierzo”. 

No 1990 é realizador da serie para a TVG “Os viaxeiros da luz”, unha aventura pola xeografía galega.

O mar, a terra e as vilas de Galicia son os traballos fotográficos que xunta con textos literarios das escritoras i escritores, fotografía e literatura fundidos na mesma expresión.

No 2010 realiza como presentador a serie de entrevistas “Ao fío do retrato”, 13 capítulos para a TVG. No 2018 presenta  a exposición “O imaxinario do país. Letras de magnesio”, onde retrata os rostros da literatura de Galicia.

Unha mirada portátil, no mar, na terra, nas vilas, nas letras de magnesio, nas sombras atlánticas… unha danza entre o verso, o pincel, e a música,  cun pano de fondo: a xeografía facial do noroeste.

OBRA

«Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega«. Museo de Pontevedra. Novembro 2022

Luz de verso”.   Castelo de Pambre. Maio 2019.

“O Imaxinario do País” .  Retratos de escritoras i escritores galegos . Deputación de Pontevedra. Casa das Artes de Vigo. 2018

Vilagrafías” Fotografías e textos das vilas e cidades galegas. Casa museo Verbum Vigo 2012

“Noroeste”.  Fotografías na T4. Aeroporto Barajas. Madrid. 2011

Fotografías e textos do mar e da terra” . Sala Caixanova. Vigo. 2010

“Ao fío do retrato”. Presentador serie entrevistas TVG. 2010

“Viaje al interior de una província”. Libro de viaxes.Ibisa.”2009

“Terragrafías” . Fotografías e textos sobre a terra. Edificio  Xunta de Galicia. Pontevedra. 2009. 

“Maregrafías”. Exposición no Pazo da Cultura, Pontevedra 2008

“Materia de sombras”.Libro de autor. Edit Diputación de Pontevedra.2005

“Maregrafías”.Fotografías e textos sobre o mar.Galería Sargadelos. Barcelona 2005.

Sadarim.Retratos do tempo” Galería Modigliani.Vigo 2005

“As viaxes”.Pazo da Cultura. Pontevedra.2003

“Retratos do mar”.Percebeiros. Sala Amalia Domínguez Búa.Bueu.2000

“Ardentía”. Dous fotógrafos ante o mar. Outono fotográfico. Ourense 1994

“Os viaxeiros da luz”. Realizador da serie para a TVG.1989

“O mar da memoria”. Libro de fotos antigas. Consellería de Pesca.1989

“Bretaña” Sala de Exposicións BBVA. Vigo .1988

“El viaje del Vierzo” . Libro de viaxes. Edit Ibisa.1988

“Fotobienal”. Banco de España. Vigo.1988

“Jóvenes fotógrafos españoles”. Sala Amadís Ministerio de Cultura. Madrid 1987

“Branco e negro”. Presencias fotográficas en Galicia. Museo de Pontevedra 1987.

“Cinco fotógrafos galegos”. Sala dos Peiraos. Vigo. 1987 

“Fotovedra”. Fotógrafos pontevedreses. Museo de Pontevedra.1985

“Foco 85” .Fotógrafos galegos no Círculo de Bellas Artes. Madrid. 1985

“Ollares no tempo”. Colectiva fotógrafos galegos. Kiosko Alfonso. A Coruña” 1985